Tango

Tango.
Tango, fileteado de Martiniano Arce (2006).

O tango é un estilo musical e unha danza do Río da Prata, propia das cidades de Buenos Aires e Montevideo, de natureza netamente urbana e renome internacional. Musicalmente ten forma binaria e compás de dous por catro. É clasicamente interpretado mediante orquestra típica ou sexteto e ten o bandoneón como instrumento esencial. A coreografía, deseñada a partir do abrazo da parella, é sumamente sensual e complexa. As letras están compostas con base nun argot local chamado lunfardo e adoitan expresar as tristezas, especialmente «nas cousas do amor»[1], que senten os homes e as mulleres da vila, circunstancia que o emparenta en certo modo co blues. Enrique Santos Discépolo, un dos seus máximos poetas, definiu o tango como «un pensamento triste que se baila».[2]

  1. Do tango Que me van a hablar de amor, de Héctor Stamponi e Homero Expósito (1946)
  2. Ernesto Sabato: Tango: discusión y clave (páx. 11). Bos Aires: Losada, 1963.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy