Tareixa de Lisieux

Modelo:BiografíaDoutora da Igrexa Editar o valor en Wikidata
Tareixa de Lisieux

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Thérèse de Lisieux Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marie-Françoise-Thérèse Martin Editar o valor en Wikidata
2 de xaneiro de 1873 Editar o valor en Wikidata
Alençon, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de setembro de 1897 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Lisieux, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLisieux Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLes Buissonnets (en) Traducir
carmel de Lisieux (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo, escritora, dramaturga, mestre dos noviços (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrder of Discalced Nuns of the Blessed Virgin Mary of Mount Carmel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de outubro
3 de outubro Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoRose (en) Traducir e cruz cristiá Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaisLouis Martin Editar o valor en Wikidata  e Zélia Guérin Editar o valor en Wikidata
IrmánsPauline Martin
Céline Martin
Léonie Martin
Marie-Odile Martin Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0996035 BNE: XX907070 Musicbrainz: 94148830-96bc-4fbb-9a62-d30973cff544 Discogs: 3418645 IMSLP: Category:Thérèse_of_Lisieux WikiTree: Martin-28671 Find a Grave: 21168112 Editar o valor en Wikidata

Tareixa de Lisieux (en francés: Thérèse de Lisieux), nada como Marie Françoise-Thérèse Martin en Alençon[1] o 2 de xaneiro de 1873 e finada en Lisieux o 30 de setembro de 1897, tamén coñecida como Santa Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face, foi unha monxa carmelita descalza católica venerada nos tempos modernos. É coñecida como "a floriña de Xesús" ou, simplemente, "a floriña".

Tareixa foi un modelo moi influente para os católicos e outros a causa da simplicidade e da practicidade do seu achegamento á vida espiritual. Xunto con Francisco de Asís, é unha das santas máis populares da historia da igrexa.[2][3] O papa Pío X chamouna "a máis grande santa dos tempos modernos".[4][5]

Tareixa sentiu unha chamada temperá á vida relixiosa e tras superar varios obstáculos en 1888, con 15 anos,[6] uniuse a dúas das súas irmás, Marie e Pauline, na comunidade carmelita enclaustrada de Lisieux (Normandía). Outra irmá, Céline, entrou máis adiante na orde. Pasou 9 anos como relixiosa carmelita, en que desempeñou varios traballos, como o de sancristá e axudante á profesora das novizas. Tras pasar os seus últimos 18 meses no Carmelo nunha "noite de fe" (un tempo en que seica sentiu a Xesús ausente e que mesmo tivo dúbidas sobre a existencia de Deus), Tareixa morreu por tuberculose aos 24 anos.

A súa festividade no calendario romano xeral foi o 3 de outubro dende 1927, ata que en 1969 se trasladou ao 1 de outubro.[7] Tareixa é moi coñecida en todo o mundo, e a basílica de Lisieux é o segundo lugar de peregrinación máis popular de Francia despois de Lourdes.

  1. Simar, Jean-Marie; Boubli, Nathalie (2013-12-07). "St. Therese's birthplace". Sanctuaire d’Alençon (Shirne of Alençon). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 2018-04-19. 
  2. McBrien, Richard P. (2001). The Pocket Guide to the Saints (1st paperback ed.). Nova York: HarperCollins. p. 672. ISBN 0-06065340-X. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  3. Flinn, Frank K. (2006). Encyclopedia of Catholicism. New York City: Infobase Publishing. p. 598. ISBN 0-8160-7565-4. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  4. Descouvemont, Pierre; Loose, Helmuth Nils (1996). Thérèse and Lisieux. Toronto: Novalis. p. 5. ISBN 2-890-88862-2. 
  5. Xoán Paulo II (19 de outubro de 1997). "Angelus-Proclamation of St Thérèse of the Child Jesus and the Holy Face as a "Doctor of the Church"". vatican.va: Libreria Editrice Vaticana. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  6. The Life of Saint Thérèse of Lisieux
  7. Calendarium Romanum (Libreria Editrice Vaticana, 1969), pp. 104, 141.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in