Tate Britain

Coordenadas: 51°29′28″N 0°07′40″O / 51.491062, -0.127789

A Tate Britain é parte da rede de galerías Tate en Gran Bretaña, xunto coa Tate Modern, a Tate Liverpool e a Tate St Ives. Foi o primeiro destes museos en ser estabelecido, abrindo en 1897. Alberga unha importante colección de obras de J.M.W. Turner. Colabora dende febreiro de 2011 co proxecto de Google chamado Google Art Project.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy