Taveuni

Taveuni
Vista desde o satélite
Mapa de Fidxi, mostrando Taveuni (en vermello) ao leste de Vanua Levu
Situación
PaísFidxi
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°48′40″S 179°57′40″L / -16.81111, -179.96111Coordenadas: 16°48′40″S 179°57′40″L / -16.81111, -179.96111
Xeografía
Superficie434 km. km²
Longura máxima42
Largura máxima14 km.
Punto máis alto1.241 m. Monte Uluigalau
Demografía
CapitalWaiyevo

Taveuni é a terceira illa máis grande de Fidxi, despois de Vanua Levu e Viti Levu, cunha superficie total de 434 quilómetros cadrados. A illa en forma de *xaruto, é un enorme volcán en escudo, que se eleva desde o chan do Océano Pacífico, atópase a 6´5 quilómetros ao leste de Vanua Levu. Pertence ó grupo de illas de Vanua Levu e forma parte da Provincia Cakaudrove na División do Norte.

A illa tiña unha poboación de ao redor de 9000 habitantes, ao redor do 75 por cento deles indíxenas fidxianos, no censo de 1996. Taveuni ten abundante flora e é coñecida como o "Xardín das illas Fidxi". É un popular destino turístico. Os turistas séntense atraídos polas excelentes oportunidades de mergullo, prolífica vida de aves, camiñadas polo monte e fervenzas. As partes centrais da illa reciben moi altas taxas de precipitacións. Sendo de orixe volcánico os chans de Taveuni apoiaron historicamente a industria máis importante da illa, a agricultura.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy