Taxon

A clasificación xerárquica pode expresarse cun dendrograma, no que cada nodo representa un posible taxon e os taxons se agrupan nunha xerarquía de inclusión.

En bioloxía, un taxon (do grego τάξις, transliterado como táxis, "ordenamento") é un grupo de organismos emparentados, que nunha clasificación dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é taxa, sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é taxons. A ciencia que define aos taxons chámase taxonomía ou taxinomía.

A finalidade de clasificar os organismos en taxons formalmente definidos no canto de grupos informais, é a de prover grupos cuxa circunscrición sexa estrita ou cunha denominación con valor universal, independentemente da lingua empregada para a comunicación. Os taxons existen dentro dunha clasificación dada, suxeita a cambios onde poden presentarse discrepancias, o que obriga respecto a algunhas denominacións problemáticas a especificar o autor da clasificación en cuestión.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy