Teatre Nacional de Catalunya | |
---|---|
Teatre Nacional de Catalunya | |
Enderezo | Plaça de les Arts, 1 |
Cidade | Barcelona e Fort Pienc |
País | España |
Capacidade | Sala Grande: 866 Sala Pequena: 266-500 |
Inauguración | 11 de setembro de 1997 |
Anos en activo | Dende 1996 |
Uso actual | Representacións teatrais |
Na rede | |
http://www.tnc.cat | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Teatre Nacional de Catalunya (tamén coñecido como TNC) é un teatro da cidade de Barcelona, en Cataluña. Inaugurado en 1996 naceu co obxectivo básico de consolidar unha oferta teatral de alta calidade tanto a nivel nacional como internacional que, dende a capacidade de risco estético e a vontade de servizo propia do teatro público, completase un panorama teatral caracterizado pola creatividade e a riqueza das iniciativas.
O edificio do Teatre, situado na plaça de les Arts da Cidade condal, diante do Auditori e preto da plaça de les Glòries Catalanes, conta con dúas salas aptas para facer representacións: a Sala Gran (Sala Grande), con bancadas de teatro grego e capacidade para 866 espectadores, e a Sala Petita (Sala Pequena), con bancadas móbiles e capacidade para entre 266 e 500 persoas. Deseñado polo arquitecto catalán Ricard Bofill i Leví, é un dos edificios emblemátics de Barcelona.