Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Robert Edward Turner III, nado o 19 de novembro de 1938 en Cincinnati, Ohio, Estados Unidos[1], é un empresario, investidor, terratenente, directivo empresarial e magnate estadounidense dos medios, coñecido entre outras cousas, por ser o fundador da cadea internacional de noticias CNN, entre outras empresas xornalísticas e comerciais. Igualmente é un recoñecido filántropo, sendo o seu máis notorio proxecto, a súa doazón de US$ 1,000 millóns, para as diferentes causas das Nacións Unidas, dando como resultado a creación da «Fundación das Nacións Unidas», na cal serviu como presidente. A súa imaxe social aumentou coa súa participación no mundo do deporte, financiando equipos profesionais de béisbol e baloncesto, así como co seu matrimonio coa coñecida actriz Jane Fonda en 1991.