Teletipo

Teletipo (modelo Teletype 33 ASR de Data Dinamics) no National Museum of Computing.

Un teletipo[1] (TTY; tamén chamado teleprinter, teleimpresora ou télex en linguas como o portugués, francés e inglés)[2] é un dispositivo electrónico que envía unha mensaxe escrita a outro lugar. Un teletipo de escribir ten un teclado de máquina de escribir, unha impresora local (para que o usuario poida ver o que se escribiu) e un transmisor. As mensaxes pódense enviar por cables ou ondas de radio.

  1. "Dicionario; teletipo". Real Academia Galega. Consultado o 2023-07-16. 
  2. "bUSCatermos; teletipo". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-07-16. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy