O tempeh[1] (/ˈtɛm.peɪ/, pronunciado "tem-pei") é un produto alimenticio orixinario de Indonesia, de sabor forte, que se obtén da fermentación das sementes da soia branca co fungo Rhizopus oligosporus.
Ten forma de pastel cun aroma a noz e cunha textura mesta e lixeiramente carnuda. Constitúe un alimento forte, cun sabor máis intenso ca outros derivados da soia. A acción das encimas durante a fermentación fan que as sementes sexam máis dixeríbeis, mentres o micelio que é utilizado para as envolver fornece valiosas vitaminas do complexo B de orixe vexetal (130 % das necesidades diarias).
É especialmente popular na illa de Xava, onde se considera un alimento sinxelo que fornece proteínas á dieta normal. É posíbel atopalo noutras gastronomías do sueste asiático igualmente. Ao igual que o tofu, o tempeh está elaborado de grans de soia, porén o tempeh ten outras características nutricionais e de textura. O proceso de fermentación da soia retén todas as proteínas, posúe máis fibra e vitaminas comparado co tofu, así coma unha textura máis firme e forte sabor. Por mor do seu valor nutricional[Cómpre referencia] emprégase internacionalmente nas dietas vexetarianas coma un sucedáneo de carne.
Utilizado coma reconstituínte da flora intestinal e como eficaz favorecedor do tránsito intestinal.[Cómpre referencia]