Templo Dourado | |
---|---|
Harmandir Sahib (A morada de Deus), coñecido como o Templo Dourado | |
Presentación | |
Nome local | Harmandir Sahib ਹਰਿਮੰਦਰ ਸਾਹਿਬ |
Localización | Amritsar, India |
Coordenadas | 31°37′12″N 74°52′37″L / 31.62000, -74.87694 |
Estilo | Arquitectura sikh |
Tipo | Templo |
Uso(s) | templo |
Construción | |
Inicio | decembro de 1585 |
Remate | agosto de 1604 |
Equipo | |
O Templo Dourado, tamén coñecido como Harmandir Sahib (en punjabi: ਹਰਿਮੰਦਰ ਸਾਹਿਬ), ou Darbar Sahib (en punjabi: ਦਰਬਾਰ ਸਾਹਿਬ)[1] [2] é o máis sagrado gurdwara sikh. Atópase na cidade de Amritsar, na India, que foi fundada no 1574 polo cuarto gurú Sikh, Guru Ram Das.[3] Harmandir Sahib foi deseñado polo quinto gurú, Guru Arjan, que foi quen completou o Adi Granth, a máis sagrada escritura do sikhismo, en 1604 e quen a depositou no templo.[1]