Teoría da probabilidade |
---|
En probabilidade e estatística, o Teorema de Bayes (tamén coñecido como Regra de Bayes ou Fórmula de Bayes) é un resultado que evidencia a importancia das probabilidades condicionadas. É de interese para a ciencia en todas as súas ramas, xa que permite a comprensión da probabilidade de aspectos causais unha vez observados os seus efectos. Derívase dos axiomas de probabilidade.