Teos (grego antigo: Τέως) ou Teo foi unha antiga cidade grega situada no litoral de Xonia, nunha península entre Chytrium e Myonnesus. Fundouse como colonia de Orcómeno, dirixida por Atamante, ao que se uniron atenienses (dirixidos por Naoclo o Nauclo, Apeco e Damaso) e beocios (dirixidos por Geres).[1][2], pero a data da súa fundación é descoñecida. Teos foi unha das doce cidades que formaron a Liga Xónica. A cidade estaba situada nun istmo baixo. As súas ruínas están situadas ao sur da moderna cidade de Sığacık no distrito de Seferihisar da Provincia de Esmirna, Turquía.