A Terceira é unha das nove illas dos Azores, integrante do chamado "Grupo Central". Primitivamente denominada como Illa de Noso Señor Jesus Cristo das Terceiras, foi en tempos o centro administrativo das Illas Terceiras, como era designado o arquipélago dos Azores. A designación Terceiras aplicábase a todo o arquipélago dos Azores xa que foron as terceiras illas descubertas no Atlântico (o arquipélago das Canarias era designado Illas Primeiras e o arquipélago da Madeira Illas Segundas, segundo a orde cronolóxica de Descubrimento). Co avanzar dos anos esta illa pasou a ser coñecida só por Illa Terceira.[1]
- ↑ História dos Açores - Do Descobrimento até ao Século XX, de Artur Teodoro de Matos, Avelino de Freitas de Menezes e José Guilherme Reis, 2008, ISBN 9789898225061