Newfoundland and Labrador (en) Terre-Neuve-et-Labrador (fr) | |||||
Lema | «Quaerite Primum Regnum Dei» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | João Fernandes Lavrador (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Capital | São João da Terra Nova (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 528.430 (2017) (1,3 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 405.212 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico, Mar do Labrador e Golfo de San Lourenzo | ||||
Punto máis alto | Monte Caubvick (pt) (1.652 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Ártico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 31 de marzo de 1949 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | democracia parlamentaria | ||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido | ||||
Órgano executivo | government of Newfoundland and Labrador (en) | ||||
• Premier of Newfoundland and Labrador (en) | Andrew Furey (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | General Assembly of Newfoundland and Labrador (en) , | ||||
PIB nominal | 31.580 $ (2020) | ||||
Moeda | Dólar canadense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | A | ||||
Fuso horario | Newfoundland Standard time (en) (→ América/St_Johns) Zona horario do Atlántico (→ America/Goose_Bay (en) ) | ||||
ISO 3166-2 | CA-NL | ||||
Páxina web | gov.nl.ca | ||||
Terra Nova e Labrador (Newfoundland and Labrador, en inglés, e Terre-Neuve-et-Labrador, en francés) é unha provincia do Canadá. Foi a última provincia a entrar na confederación canadense, en 1949.
Xeograficamente, a provincia consiste na illa de Terra Nova e mailo Labrador, localizado no continente. A provincia está localizada no leste canadense, nas marxes do océano Atlántico. Cando a provincia entrou no Canadá en 1949, chamábase Terra Nova, mais desde 1964 o goberno da provincia autonomeouse Goberno de Terra Nova e Labrador, e o 6 de decembro de 2001, criouse unha emenda na Constitución do Canadá, que mudou o nome da provincia para o actual nome.
Orixinalmente, a provincia foi colonizada polos franceses, facendo parte da Acadia. Na década de 1690 a rexión foi conquistada por Gran Bretaña. Terra Nova e Labrador continuou como colonia británica ata 1948, cando se iniciou unha votación que decidiría o futuro da provincia. A poboación da provincia, entre ser anexada polos Estados Unidos, continuar como colonia británica, converterse nunha nación independente ou ser anexada polo Canadá, preferiu a última opción, e Terra Nova e Labrador converteuse na décima provincia do Canadá, o 31 de marzo de 1949.