Terra Santa

Un mapa de 1759 titulado A Terra Santa, ou Palestina, mostrando non só os reinos antigos de Xudá e Israel nos que as doce tribos foron distinguidas, mais tamén a súa localización en diferentes épocas segundo indican as Santas Escrituras, de Tobias Conrad Lotter, Xeógrafo. Augsburgo, Alemaña

A Terra Santa (hebreo: אֶרֶץ הַקוֹדֵשׁ Eretz HaKodesh, latínTerra Sancta; árabe: الأرض المقدسة Al-Arḍ Al-Muqaddasah) é unha área aproximadamente localizada entre o río Xordán e o mar Mediterráneo, mais tamén inclúe a beira oriental do río Xordán. Historicamente, é sinónimo tanto da Terra de Israel como de Palestina, e actualmente son parte dela o Estado de Israel, os Territorios Palestinos, a República do Líbano, a República Árabe de Siria e o Reino Haxemita de Xordania. É considerada santa polos xudeus, os cristiáns e os musulmáns.

Parte da relevancia desta terra ten as súas raíces na importancia relixiosa de Xerusalén, a cidade máis santa do xudaísmo, a rexión histórica do ministerio de Xesús, e no islam o lugar onde aconteceu o mi'raj (ascenso de Mahoma os ceos) e onde está o Monte Nebo, onde Moisés presumiblemente morreu. A suposta santidade da terra foi un dos motivos polos que os cristiáns europeos tentaron gañarlla aos musulmáns turcos selxúcidas durante as Cruzadas. Os turcos tomaron Terra Santa despois de derrotar os musulmáns árabes, que á súa vez conquistaran a rexión do Imperio Bizantino cristián.

Moitos lugares de Terra Santa durante longo tempo foron destino de peregrinación para os fieis das relixións abrahamicas, incluíndo xudeus, cristiáns, musulmáns, e bahá'ís. Os peregrinos visitan Terra Santa para tocar e ver manifestacións físicas da súa fe, confirmar as súas crenzas nun contexto santo e nun marco de emoción colectiva e conectarse persoalmente coa Terra Santa.[1]

  1. Metti, Michael Sebastian (2011-06-01). "Jerusalem - the most powerful brand in history" (PDF). Stockholm University School of Business. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in