Terra baixa

Terra baixa
Portada de Terra baixa
Autor/aÀngel Guimerà
OrixeCataluña
LinguaCatalán
Xénero(s)Teatro
EditorialImp. la Renaixensa
Data de pub.1896
Páxinas128
Precedido porLa festa del blat
Seguido porMossèn Janot
Na rede
IBDB: 5909 BNE: XX2011203 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Busto de Àngel Guimerà, autor de Terra baixa, en Santa Cruz de Tenerife.

Terra baixa é unha obra teatral do dramaturgo e poeta Àngel Guimerà, unha das máis populares de todas as que escribiu. Este drama é unha das obras máis representadas e traducidas da lingua catalá,[1] e converteuse nun clásico do repertorio teatral catalán.[2]

Cando escribiu esta obra, o escritor pasaba por unha etapa de proposta social da súa creación literaria, ademais das intrigas e paixóns amorosas que xa plasmara nunha obra anterior súa, Maria Rosa, máis correspondente co teatro romántico. Guimerà seguiu a liña xeral dos movementos literarios do momento histórico no que viviu.

  1. Traducida a catorce linguas diferentes: castelán, inglés, italiano, alemán, ruso, sueco, checo, hebreo, portugués, siciliano, serbio, neerlandés, yiddish e esperanto
  2. Crítica de Teatre de l'obra del TNC - Diari el Mundo

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in