The Beatles

The Beatles en 1964. Arriba: John Lennon, Paul McCartney Abaixo: George Harrison, Ringo Starr
OrixeLiverpool, Inglaterra Inglaterra, Reino Unido Reino Unido
Período19601970
Xénero(s)Rock, Pop, Rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)Parlophone, Capitol, Apple, Odeon, Vee-Jay, United Artists, Atco, Swan
MembrosJohn Lennon
Paul McCartney
George Harrison
Ringo Starr
Antigos membrosStuart Sutcliffe
Pete Best
Artistas relacionados
Na rede
www.beatles.com
IMDB: nm1397313 Allocine: 12118 Rottentomatoes: celebrity/the_beatles Allmovie: p4797 Metacritic: person/the-beatles TV.com: people/the-beatles
Facebook: thebeatles Twitter: thebeatles Instagram: thebeatles MySpace: thebeatles Youtube: UCc4K7bAqpdBP8jh1j9XZAww TikTok: thebeatles BNE: XX245663 Souncloud: thebeatles Spotify: 3WrFJ7ztbogyGnTHbHJFl2 iTunes: 136975 Last fm: The+Beatles Musicbrainz: b10bbbfc-cf9e-42e0-be17-e2c3e1d2600d Songkick: 417271 Discogs: 82730 Allmusic: mn0000754032 Deezer: 1 Genius: The-beatles Editar o valor em Wikidata

The Beatles foi unha banda de rock formada en Liverpool (Inglaterra) en 1960, activa durante a década dos 60, e recoñecida como unha das máis comercialmente exitosas e criticamente aclamadas na historia da música popular.[1][2][3][4] Formada en Liverpool, estivo constituída desde 1962 por John Lennon (guitarra rítmica, vocalista), Paul McCartney (baixo, vocalista), George Harrison (guitarra solista, vocalista) e Ringo Starr (batería, vocalista). Enraizada no skiffle e no rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais, que ían desde a balada pop ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma innovadora nas súas cancións. A natureza da súa enorme popularidade, que emerxera primeiramente coa moda da «Beatlemanía», transformouse á vez que as súas composicións se volveron máis sofisticadas. Chegaron a ser percibidos como a encarnación dos ideais progresistas, estendendo a súa influencia nas revolucións sociais e culturais da década de 1960.

Cunha formación inicial de cinco compoñentes que incluía a Lennon, McCartney, Harrison, Stuart Sutcliffe (baixo) e Pete Best (batería), construíron a súa reputación nos clubs de Liverpool e Hamburgo nun período de tres anos a partir de 1960. Sutcliffe abandonou a formación en 1961, e Best foi substituído por Starr ao ano seguinte. Xa como grupo profesional despois de que Brian Epstein lles ofrecese ser o seu representante, e co seu potencial musical mellorado pola creatividade do produtor George Martin, lograron o éxito comercial no Reino Unido a finais de 1962 co seu primeiro sinxelo, «Love Me Do». A partir de aí, foron adquirindo popularidade internacional ao longo dos seguintes anos, nos cales fixeron un extenso número de xiras ata 1966, ano en que cesaron a actividade en vivo para dedicarse unicamente á gravación no estudo ata a súa disolución en 1970. Despois, todos os seus integrantes embarcáronse en exitosas carreiras independentes, a pesar disto non foron raras as colaboracións entre eles. O ano 1995, con motivo da edición do primeiro volume da triloxía The Beatles Anthology, tivo lugar unha reunión virtual do grupo, coa axuda dunhas cintas que John Lennon deixara gravadas e que foron a base de dúas novas cancións: Free as a Bird e Real Love.[5]

Durante os seus anos de estudo crearon algúns dos seus mellores materiais, incluíndo o álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1967), considerado por moitos como unha obra mestra. Catro décadas logo da súa separación, a música que crearon continúa sendo popular. Mantéñense como o grupo con máis números 1 nas listas británicas, situando máis álbums nesta posición que calquera outra agrupación musical.[6] De acordo coas certificacións da RIAA, venderon máis discos nos Estados Unidos que calquera outro artista.[7] En 2004, a revista Rolling Stone clasificounos no número un na súa lista dos «50 artistas máis grandes de todos os tempos».[1] De acordo coa mesma publicación, a música innovadora de The Beatles e o seu impacto cultural axudaron a definir os anos sesenta.[8] En 2008, a revista Billboard publicou unha lista dos artistas máis exitosos de todos os tempos no Hot 100 con motivo do 50º aniversario da lista de éxitos, e The Beatles foron colocados no número un. Foron galardoados con sete premios Grammy,[9] e recibiron un total de quince premios Ivor Novello de parte da British Academy of Songwriters, Composers and Authors.[10] Tamén foron colocados no posto Nº 1 polo sitio de Internet Acclaimed Music na súa lista «The Top 1000 Artists of All Time»[3] e por Digital Dream Door na súa lista «100 Greatest Rock Artists».[2]

Lennon sería asasinado nos arredores da súa casa de Nova York en 1980, e Harrison falecería de cancro en 2001. McCartney e Starr aínda permanecen activos.

  1. 1,0 1,1 Elvis Costello. "100 Greatest Artists of all Time". Rolling Stone music (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 "100 Greatest Rock Artists". DigitalDreamDoor (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 2 de outubro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 "The Top 1000 Artists of All Time". acclaimedmusic (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 2 de outubro de 2011. 
  4. Andrews, Charles; Schilling, Howard; Sonni, Jack; Lopez, Ken (28 de xullo de 2008). "AVRev.com's Top 10 Rock Bands of All Time" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2011. Consultado o 2 de outubro de 2011. 
  5. "Songs". The Beatles (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  6. "Record Breakers and Trivia : Albums". everyHit.com (en inglés). 2009. Consultado o 5 de novembro de 2009. 
  7. "Top Selling Artists". Recording Industry Association of America (en inglés). 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2012. Consultado o 10 de outubro de 2009. 
  8. "The Beatles: Biography". Rolling Stone (en inglés). 2001. Consultado o 15 de xullo de 2015. 
  9. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Grammy Beatles
  10. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Harry 559-60

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy