The Globe and Mail | |
---|---|
Fundación | 1936 |
Fundador | George Brown |
Editorial | The Globe and Mail |
Lingua | lingua inglesa |
ISSN | 0319-0714 |
Na rede | |
https://www.theglobeandmail.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Globe and Mail é un xornal canadense publicado en cinco cidades do oeste e do centro do país. Con arredor de 2 018 923 lectores semanais en 2015, é o xornal máis lido no Canadá de luns a sábado,[1] malia que está un pouco por detrás de Toronto Star na tiraxe semanal porque Star publica unha edición de domingo e Globe non o fai. The Globe and Mail é considerado como o "xornal de referencia" do Canadá.[2][3][4][5] O xornal é propiedade de The Woodbridge Company, con sede en Toronto.