Os Incribles | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Incredibles |
Director | Brad Bird |
Produtor | John Walker |
Guión | Brad Bird |
Intérpretes | Craig T. Nelson Jason Lee Holly Hunter Sarah Vowell Spencer Fox Samuel L. Jackson Elizabeth Peña Brad Bird |
Música | Michael Giacchino |
Fotografía | Andrew Jimenez Patrick Lin Janet Lucroy |
Montaxe | Stephen Schaffer |
Estudio | Walt Disney Pictures Pixar Animation Studios |
Distribuidora | Buena Vista Pictures |
Estrea | 2004 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $92 millóns |
Recadación | $631 442 092[1] |
Filme seguinte | Incredibles 2 |
Na rede | |
https://www.pixar.com/feature-films/the-incredibles | |
The Incredibles (en galego, Os Incribles) é o sexto filme de animación de Pixar Animation Studios, gañador na súa categoría dos Premios Oscar, e o primeiro cun elenco enteiramente composto por personaxes humanos, estreado nos Estados Unidos o 5 de novembro de 2004 e en España o 26 de novembro do mesmo ano.
O filme está escrito e dirixido por Brad Bird, antigo director de capítulos de The Simpsons e máis coñecido por ser responsable da dirección do filme de animación The Iron Giant. Inicialmente foi concibido como un filme de animación convencional para a compañía Warner Bros pero esta clausurou a súa división de animación. Brad Bird foi contratado daquela por Pixar para desenvolver alí o proxecto.