The Jimi Hendrix Experience | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1966 - 1970 |
Xénero(s) | rock psicodélico, acid rock, blues rock, hard rock, heavy metal |
Selo(s) discográfico(s) | Track, Reprise, Polydor, Barclay, MCA |
Membros | Jimi Hendrix Mitch Mitchell Noel Redding Billy Cox |
Na rede | |
http://www.jimihendrix.com/ | |
The Jimi Hendrix Experience foi unha banda de rock psicodélico anglo-estadounidense formada en Londres en outubro de 1966. Formada polo cantante, compositor e guitarrista Jimi Hendrix, o baixista e corista Noel Redding e o batería Mitch Mitchell, o grupo estivo activo ata xuño de 1969, e editou tres exitosos álbums de estudio. Despois de que Redding deixase o grupo, Hendrix e Mitchell estiveron xuntos noutros proxectos. The Experience "reuníuse" en 1970 con Billy Cox ata a morte de Hendrix no mes de setembro dese ano. Redding morreu en 2003 e Mitchell sería o último membro orixinal en morrer, en novembro do 2008.
Amplamente recoñecida como unha grande influencia no desenvolvemento do hard rock e o heavy metal a finais dos 60 e máis alá, The Experience foi coñecida polas habilidades, estilo e carisma do seu líder Jimi Hendrix, que foi elixido como un dos mellores guitarristas por varias publicacións e autores. Os tres álbums de estudio da banda, Are You Experienced (1967), Axis: Bold as Love (1967) e Electric Ladyland (1968), aparecen na revista da Rolling Stone do 500 mellores álbums de todos os tempos, nas posicións 15, 82 e 54 respectivamnte. En 1992 The Jimi Hendrix Experience foi introducida no Rock and Roll Hall of Fame.