Tianjin

Modelo:Xeografía políticaTianjin
天津 (zh) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°08′48″N 117°12′20″L / 39.1467, 117.2056Coordenadas: 39°08′48″N 117°12′20″L / 39.1467, 117.2056
EstadoRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
CapitalHexi District, Tianjin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación13.866.009 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.163,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie11.920 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoJiushan Peak (en) Traducir (1.078 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Pequín
Tangshan (pt) Traducir
Langfang (pt) Traducir
Hebei (pt) Traducir
Cangzhou (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoPeople's Government of Tianjin Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Xefe do gobernoHuang Xingguo (pt) Traducir (2007–2016)
Liao Guoxun (pt) Traducir (2020–2022)
Zhang Gong (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoTianjin Municipal People's Congress (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal140.837 ¥ (2020) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal300000–301900 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico22 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2CN-TJ e CN-12 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webtj.gov.cn Editar o valor en Wikidata

Tianjin (pronunciado:Tián-Chín, en chinés: 天津, en pinyin: Tiānjìn, transcrición antiga: Tientsin),[1] é un municipio da República Popular da China con rango equivalente ao dunha provincia. Está situado no nordés do país, preto da capital, Pequín (Beijing), á beira do río Hai, a 40 km da súa desembocadura no golfo de Bohai, no mar Amarelo. É a cuarta cidade máis poboada da China, tras Shanghai, Beijing e Guangzhou. O municipio ten unha superficie de 170 km2 onde viven un total de 15 469 500 habitantes (censo de 2016).[2]

Tianjin é unha das cinco cidades centrais nacionais, e ten unha gran relevancia histórica. A cidade amurallada de Tianjin foi construída en 1404. Como porto destacado desde 1860, Tianjin foi un importante porto marítimo e a porta de entrada a Beijing. Durante o rebelión dos bóxers a cidade foi a sede do Goberno Provisional de Tianjin. Baixo o Imperio Ta-tsing e a República da China, Tianjin converteuse nunha das cidades máis grandes da rexión.[3] Nesa época, numerosos edificios e mansións de estilo europeo foron construídos en concesións, moitas das cales están ben conservadas hoxe en día. Despois da fundación da República Popular da China, Tianjin sufriu unha depresión debido á política do goberno central e ao terremoto de Tangshan, pero recuperouse a partir de 1990.[4]

Na actualidade, Tianjin é unha cidade con dous núcleos, coa súa área urbana principal (incluíndo a cidade vella) situada ao longo do río Hai, que conecta cos ríos Amarelo e Yangtzé mediante o Gran Canal, e Binhai, un novo núcleo urbano situado ao leste da cidade vella, na costa do golfo de Bohai. A finais de 2010, ao redor de 285 empresas Fortune 500 estableceran a súa base en Binhai, que é un novo polo de crecemento na China e un centro da industria avanzada e da actividade financeira.

  1. Fundéu. "Sede y subsedes de los juegos olímpicos de Pekín, grafía correcta" (en español). Consultado o 29 de abril de 2017. 
  2. "2015年天津市国民经济和社会发展统计公报-新闻中心-北方网". news.enorth.com.cn. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2016. Consultado o 29 de abril de 2015. 
  3. "历史沿革". 天津政务网. 4 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2009. Consultado o 29 de abril de 2017. 
  4. 天津河北人才被空吸 本地发展缓慢世界罕见,搜狐网,2010年8月20日 Consultado o 29 de abril de 2017.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy