O tiocianato [1][2] (tamén chamado sulfocianato, sulfocianuro ou rodanuro[3]) é o anión [SCN]−. É a base conxugada do ácido tiociánico. Entre os seus derivados comúns están os sales incoloros tiocianato de potasio e tiocianato de sodio. Os compostos orgánicos que conteñen o grupo funcional SCN tamén se chaman tiocianatos. Antes utilizábase en pirotecnia o tiocianato de mercurio(II).
O tiocianato é análogo ao ión cianato, [OCN]−, no cal o oxíxeno se substituíu por xofre. O [SCN]− é un dos pseudohaluros, debido á similitude das súas reaccións coas dos ións haluro. O tiocianato coñecíase tamén como rodanuro (da palabra grega que significa rosa) debido á cor vermella dos complexos que forma co ferro. O tiocianato prodúcese por reacción de xofre elemental ou tiosulfato co cianuro:
A segunda reacción é catalizada polo encima sulfotransferase coñecido como rodanese (sic)[4] e pode ser importante para a detoxificación do cianuro no corpo.