صور (ar) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Líbano | |||
Governorate of Lebanon (en) | Líbano Meridional (pt) | |||
District of Lebanon (en) | Tiro (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 160.000 (2018) (32.000 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 5 km² | |||
Altitude | 10 m | |||
Creación | 2750 a. C. | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | Alxer Málaga Dezful (pt) Tunes Perpiñán (1997–) Perpignan Méditerranée Métropole (en) (1997–) Novorossiisk (2013–) | |||
Páxina web | tyremunicipality.com |
Tiro (árabe صور Ṣūr, fenicio Ṣur, hebreo צור Tzor, acadio Ṣurru, grego Τύρος Týros) é unha cidade situada ao sur do Líbano, a 21 km de Israel. Chámase hoxe Sur.
Con 117.100 habitantes, Tiro atópase na costa oriental do mar Mediterráneo, uns 37 km ao norte de Acre, e 32 km ao sur de Sidón. O nome da cidade significa "rocha"[1] Aos seus habitantes chámaselles tirios.
A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1984, polos seus vestixios arqueolóxicos de diversas civilizacións.