O toque de queda[1] ou toque de recollida é a prohibición decretada por un goberno ou autoridade de que a poboación permaneza na rúa após unha determinada hora. Historicamente foi empregado en Europa durante o período entre guerras, na que, despois dunha determinada hora (polo xeral ao chegar a noite), soaba unha sirena para que as persoas se dirixisen aos seus domicilios.
O toque de recollida considérase unha limitación ou restrición da liberdade de circulación, considerado internacionalmente coma un dereito humano fundamental.