Touring Band 2000

Touring Band 2000
Vídeo de Pearl Jam
Edición1 de maio do 2001
Gravaciónagosto - novembro do 2000
Lugarvarios lugares
Duración177 minutos
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Epic Records
Cronoloxía
Single Video Theory Touring Band 2000 Live at the Showbox

Touring Band 2000 é o segundo DVD editado pola banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam. Foi lanzado polo selo Epic Records o 1 de maio do 2001 e está formado por actuacións da parte norteamericana da xira de promoción de Binaural, gravadas de agosto a novembro do 2000.

Os extras do DVD inclúen unha montaxe da xira europea dese ano, outra con metraxe descartada da banda e tomas especiais centradas no batería Matt Cameron chamada Matt Cam. Musicalmente inclúe tres cancións instrumentais inéditas ("Thunderclap", "Foldback" e "Harmony") e os videoclips de "Do the Evolution" e "Oceans", este último non fora aínda lanzado nos Estados Unidos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy