Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Tracia (en grego Thrákē ) é unha rexión do sueste de Europa, na Península dos Balcáns, ao norte do mar Exeo, situada na actual Grecia e na Turquía europea.
No seu momento, esta rexión histórica estendíase desde Macedonia ata o Mar Negro e o Mar de Mármara; e desde o mar Exeo ata o Danubio. Ocupa a punta do sueste da Península Balcánica e comprende o Nordeste de Grecia, o sur de Bulgaria, e a zona europea de Turquía. Os seus límites variaron nos diferentes períodos. As montañas Ródope separan a Tracia grega da búlgara e o río Maritsa separa a Tracia turca da grega.
As cidades principais da zona son Istambul, Gallipoli, Edirne (antes Adrianópolis) e Tekirdag, todas elas en Turquía. Na zona grega distínguense Komotene, Janto e Alexandrópolis como as cidades máis grandes. A rexión de Tracia é esencialmente agrícola. Alí prodúcese tabaco, arroz, trigo, algodón, seda, aceite de oliva e froitas.