Tractor

Un tractor Lanz Bulldog en Biduedo, provincia de Lugo

O tractor (do latín trahere «tirar») é un vehículo agrícola que se usa para remolcar e para accionar outras ferramentas tales como arados, colleitadoras, segadoras ou remolques. É usual tamén utilizalo como fonte de potencia.

O seu uso posibilitou diminuír substancialmente a man de obra no traballo agrícola, así como supuxo a mecanización de tarefas de carga e tracción que tradicionalmente se realizaran con animais como o boi.

O tractor tamén se utiliza en obras de construción, xeralmente con accesorios tales como pas ou brazos de retroescavadoras.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in