Traffic | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Traffic |
Director | Steven Soderbergh |
Produtor | Edward Zwick Marshall Herskovitz Laura Bickford |
Guión | Stephen Gaghan |
Baseado en | Traffik de Simon Moore |
Intérpretes | Michael Douglas Don Cheadle Benicio Del Toro Dennis Quaid Catherine Zeta-Jones |
Música | Cliff Martinez |
Fotografía | Peter Andrews |
Montaxe | Stephen Mirrione |
Estudio | Bedford Falls Productions Laura Bickford Productions Initial Entertainment Group |
Distribuidora | USA Films |
Estrea | Os Ánxeles: 27 de decembro de 2000 5 de xaneiro de 2001 |
Duración | 147 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $48 000 000[1] |
Recadación | $207 500 000[1] |
Na rede | |
Traffic é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Steven Soderbergh e escrito por Stephen Gaghan. Explora o tráfico ilegal de drogas dende múltiples perspectivas: adictos, policías, políticos e traficantes. Estas historias están editadas e entrecruzadas ó longo do filme, malia que algúns dos personaxes non chegan a coñecerse entre eles. É unha adaptación da serie de televisión británica Traffik, emitida por Channel 4.
Traffic foi aclamada pola crítica e gañou numerosos premios, incluíndo catro Oscars: mellor director para Steven Soderbergh, mellor actor secundario para Benicio del Toro, mellor guión adaptado para Stephen Gaghan e mellor montaxe para Stephen Mirrione. Tamén foi un éxito comercial que recadou en todo o mundo $207,5 millóns, sobre un orzamento estimado de $46 millóns.