Traquea (vertebrados)

Aparato respiratorio. O número 1 é a traquea.
Larinxe, traquea e árbore bronquial.

Nos vertebrados tetrápodos a traquea (do grego tracheia artería 'áspero tubo, canle'[1]) é o tubo cartilaxinoso e membranoso que leva o aire aos pulmóns. No ser humano a traquea vai desde a larinxe ata o comezo dos dous bronquios principais que entran nos pulmóns. Atópase anterior ao esófago e está reforzada rixidamente por 16 a 20 aneis cartilaxinosos en forma de C e tapizada por epitelio ciliado.

  1. Enciclopedia Galega Universal. Tomo 16. Páxina 143. ISBN 84-7680-583-7

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in