Travestismo

O travestismo é unha conduta que consiste en utilizar a roupa e os complementos que socialmente son aceptados para as persoas do xénero oposto.[1] Dáse principalmente nestes casos:

  • Naquelas persoas que o practican por motivos artísticos para crear unha personaxe na que se transforman (transformismo).
  • Naquelas persoas que experimentan unha discordancia entre o sexo mental e o biolóxico (transexualidade)
  • Naquelas persoas que experimentan excitación sexual ao travestirse. Neste caso pode constituír unha parafilia.

O desexo de adoptar por breves períodos o modo de vestir do outro xénero é común á humanidade. Durante o entroido é tradicional a inversión nos roles de xénero. As representacións teatrais válense tamén do travestismo na interpretación de papeis femininos por actores homes. Na China e no Xapón esta tradición dase tamén nos palcos.[2]

  1. BARRIOS MARTÍNEZ, D. (2006). En las alas del placer: Como aumentar nuestro goce sexual. Editorial Pax México. ISBN 9688607517.  (en castelán)
  2. NAVARRO LINS, R.; BRAGA, F. O livro de ouro do sexo. Ediouro Publicações. ISBN 8500016337.  (en portugués)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in