Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2015) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Marco Ulpio Traxano (en latín: Marcus Ulpius Traianus), coñecido abreviadamente como Traxano, nado en Itálica, preto de Hispalis (actual Sevilla), o 18 de setembro do ano 53 e finado en Selinus o 9 de agosto de 117, foi un emperador romano. Reinou desde o ano 98 até a súa morte, e foi o primeiro emperador de orixe non itálica. Iniciou a tradicionalmente chamada dinastía Antonina.
O 27 de xaneiro do ano 98 sucedeu tras a súa morte ao emperador Nerva, do cal, aínda que o adoptou previamente, aceptou usar só o cognomen. Como administrador civil, Traxano é coñecido sobre todo polo seu amplo programa de construción de edificios públicos que reformaron a cidade de Roma e deixou numerosos monumentos perdurables como o foro de Traxano, o mercado de Traxano e a Columna Traxana. Con todo, foi como comandante militar polo que celebrou os seus maiores triunfos: no 101 lanzou unha expedición punitiva ao reino de Dacia, derrotando os seus exércitos un ano despois e tomando definitivamente o territorio no 106. Un ano despois, dirixiuse cara ao Leste e conquistou o reino nabateo (actual Xordania) e estableceu a provincia de Arabia Pétrea. Logo de varios anos de paz, no 113 lanzou unha ofensiva contra Partria e, chegando a Susa no 116, co que o Imperio acadou a súa maior extensión da Historia. Cando regresaba a Roma, contraeu unha enfermidade e faleceu. Foi deificado polo Senado post mortem e os seus restos descansaron baixo a Columna Traxana até as incursións bárbaras sobre a cidade. Sucedeuno o seu fillo adoptivo Hadriano.