O trigo é o termo xeral que designa as distintas especies bravas e cultivadas do xénero Triticum spp, cereal anual que se cultiva en todo o mundo.[2] Globalmente, é o segundo gran comestíbel máis cultivado, xunto ao millo; sendo o terceiro o arroz; e o máis consumido polo ser humano na civilización occidental dende a antigüidade. En Galiza cultívase dende hai séculos, aínda que outros cereais, como o millo, que ten máis importancia no país [3].
O glute do trigo dálle ao pan unha consistencia elástica á masa de fariña e auga. Por mor da intolerancia ao glute (doenza celíaca) moitas persoas non poden consumir trigo nin outros cereais (orxo, centeo).
O gran de trigo utilízase para facer fariña triga, sémola, cervexa e unha gran variedade de produtos alimentarios.[4]
Coa fariña faise:
↑Cendrero, Orestes (1938) Nociones de historia natural. Sétima Edición, París. pp. 243.
↑Segundo o Anuario de Estatística Agraria e Contas Económicas da AgriculturaArquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine., a superficie dedicada en Galiza ó cultivo do millo en gran, en 2011, era de 18.085 hectáreas, cunha produción de 127.425 toneladas; o trigo ocupaba 15.478 ha e alcanzaba unha produción de 45.542 tn. O centeo só ocupaba 4.909 ha cunha produción de 8.544 toneladas.
↑Kent, Norman Leslie (1983) Technology of Cereals: An introduction for students of food science and agriculture. Pergamon Press Ltd, Oxford.