Trinity College Dublin | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Trinity College Dublin (TCD, en irlandés Coláiste na Tríonóide, Baile Átha Cliath) é unha universidade de Dublín, Irlanda. A Universidade de Dublín foi fundada co Trinity College en 1592 seguindo o modelo das universidades de Oxford e Cambridge, e tamén pretendía ter un carácter federal. A diferenza delas, só se creou un college (colexio) constituínte; non se debe confundir coa University College Dublin ou coa Dublin City University. O College está irmandado co St John's College de Cambridge e o Oriel College de Oxford. A universidade é a máis antiga de Irlanda e das máis antigas do mundo. É membro do Grupo Coimbra, rede europea fundada en 1985. Está constantemente clasificado entre as 100 mellores universidades do mundo. Desde xaneiro de 2017, é membro da League of European Research Universities (LERU), un consorcio de universidades europeas cun grande impacto na política de investigación da UE.[1]
O campus no centro da cidade está considerado un dos máis fermosos do mundo e atrae a moitos turistas que queren ver a antiga biblioteca e o Libro de Kells, o manuscrito medieval máis famoso do mundo.
Entre os antigos alumnos destacan os premios Nobel Samuel Beckett, Ernest Walton e William C. Campbell, os escritores Oscar Wilde, Bram Stoker e Jonathan Swift, o filósofo político Edmund Burke ou o matemático William Rowan Hamilton.