A crise definitiva do verán de 1914 demostrou o funcionamento da alianza ao terminar implicando no conflito ás tres potencias signatarias.
↑ 1,01,1Hobsbawm (2007), p. 30: «Comezou como unha guerra esencialmente europea entre a Tripla Alianza, constituída por Francia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e o Imperio ruso, e os chamados «Imperios Centrais» (Imperio alemán e o Imperio austrohúngaro). O Reino de Serbia e Bélxica incorporáronse inmediatamente ao conflito como consecuencia do ataque austríaco contra a primeira (que, de feito, desencadeou o inicio das hostilidades) e do ataque alemán contra a segunda (que era parte da estratexia de guerra alemá). O Imperio otomán e o Reino de Bulgaria aliñáronse pouco despois xunto ás potencias centrais, mentres que no outro bando a Tripla Alianza deixou paso gradualmente a unha gran coalición. Comprouse a participación do Reino de Italia e tamén tomaron parte no conflito Reino de Grecia, Reino de Romanía e, en menor medida, Portugal. Como cabía esperar, o Imperio do Xapón interveu case de forma inmediata para ocupar posicións alemás no Extremo Oriente e o Pacífico occidental, pero limitou as súas actividades a esa rexión. Os Estados Unidos entraron na guerra en 1917 e a súa intervención ía resultar decisiva.»