Tsunami

Simulación dun tsunami.
Diagrama explicativo.

Un tsunami[1] (do xaponés 津波: tsu, "porto" e nami, "onda") é unha serie de ondas xeradas cando a auga de superficie, por exemplo dun lago ou océano, se despraza rapidamente a escala masiva. Os derrubamentos (de xeo nos glaciares ou de terra na beiramar), as erupcións volcánicas (terrestres ou submarinas) ou un meteorito grande teñen o potencial de xerar un tsunami pero o 90 % deles son provocados por terremotos, e nese caso reciben o nome de tsunamis tectónicos.

Este tipo de ondas desprazan unha cantidade de auga moi superior ás ondas superficiais producidas polo vento. Calcúlase que o 75% destes fenómenos son provocados por terremotos, nese caso reciben o nome máis correcto e preciso de «tsunamis tectónicos».[2] A enerxía dun maremoto depende da súa altura, da súa lonxitude de onda e da lonxitude da súa fronte. A enerxía total descargada sobre unha zona costeira tamén dependerá da cantidade de picos que leve o tren de ondas.[3] É frecuente que un tsunami que viaxa grandes distancias diminúa a altura das súas ondas, pero sempre manterá unha velocidade determinada pola profundidade sobre a cal o tsunami desprázase. Normalmente, no caso dos tsunamis tectónicos, a altura da onda de tsunami en augas profundas é da orde dun metro, pero a lonxitude de onda pode alcanzar algúns centos de quilómetros. Isto é o que permite que aínda cando a altura en océano aberto sexa moi baixa, esta altura creza de forma abrupta ao diminuír a profundidade, co cal, ao diminuír a velocidade da parte dianteira do tsunami, necesariamente crece a altura por transformación de enerxía cinética en enerxía potencial. Desta forma unha masa de auga dalgúns metros de altura pode arrasar ao seu paso cara ao interior.

A enerxía dun tsunami depende da súa altura (amplitude da onda) e velocidade de translación. A enerxía total descargada sobre unha zona costeira tamén dependerá da cantidade de picos que leve o tren de ondas (no tsunami do Índico de 2004 houbo 7 picos). Este tipo de vagas removen unha cantidade de auga moi superior ás ondas superficiais producidas polo vento. Un tsunami tectónico producido nun fondo oceánico de 5 km de profundidade removerá toda a columna de auga desde o fondo ata a superficie. O desprazamento vertical pode ser tan só de centímetros pero, de se producir a suficiente profundidade, a velocidade será moi alta e a enerxía transmitida á onda será enorme. Aínda así, na mar a fóra a onda case non se aprecia xa que queda diluída entre as ondas superficiais. Con todo, destacan pola falta de tranquilidade do fondo mariño, que se axita en toda a súa profundidade.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tsunami.
  2. "What Causes a Tsunami?". 
  3. Boris Levin, Mikhail Nosov: Physics of tsunamis. Springer, Dordrecht 2009, ISBN 978-1-4020-8855-1.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy