Tubo neural

Sección transversal dunha metade dun embrión de polo de 24 horas de incubación. O tubo neural está debuxado en verde.
Embrión de polo de 33 horas de incubación, visto desde a parte dorsal e ampliado 30 veces.

O tubo neural é unha estrutura presente no embrión dos animais cordados, do que se orixina o sistema nervioso central. De forma cilíndrica, o tubo neural deriva dunha rexión específica do ectoderma chamada placa neural, que aparece ao inicio da terceira semana do desenvolvemento embrionario por medio dun proceso chamado neurulación.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in