Tumba

Tumba de Luís Seoane no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Unha tumba, ou sepultura,[1] é un lugar onde se enterran os finados, que se escava na terra ou se constrúe sobre ela. As tumbas poden estar parcial ou totalmente soterradas (agás a súa entrada) nun cemiterio, ou no interior dunha igrexa ou na súa cripta. As tumbas individuais adoitan estar seladas, mentres que as familiares, ou para grupos, teñen portas para acceder a elas cada vez que fose necesario.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tumba.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in