Tumor

Tumor benigno nunha fazula coñecido co nome de hidradenoma.

Un tumor[1] é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de volume destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de metástase a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como cancro. O tumor, xunto co rubor, a dor e a calor forman a tétrade clásica dos síntomas e signos da inflamación.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tumor.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy