Tutankhamon

Modelo:BiografíaTutankhamon

Máscara funeraria de Tut-ankh-Amón no Museo Exipcio do Cairo. Realizada en ouro batido con incrustacións de pasta de vidro e turquesas, é a peza máis coñecida da arte exipcia. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mis) Tutankhaten Editar o valor en Wikidata
c. 1341 a. C. Editar o valor en Wikidata
Amarna, Exipto Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1323 a. C. Editar o valor en Wikidata (17/18 anos)
Menfis, Exipto Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKV62 Editar o valor en Wikidata
Faraón
1332 a. C. – 1323 a. C.
← Semenkhkare, NeferneferuatenAy → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Residenciavalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Novo de Exipto e Dinastía XVIII de Exipto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1347 a. C. Editar o valor en Wikidata - 1338 a. C. Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloFaraón Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía XVIII de Exipto Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAnkhesenamon Editar o valor en Wikidata
Fillosmomia 317a, Momia 317b Editar o valor en Wikidata
PaisAkhenatón Editar o valor en Wikidata  e A dama nova Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnkhesenpaaten Tasherit
Meritaten Tasherit
Meketaten
Ankhesenamon
Neferneferuaten Tasherit
Neferneferure
Setepenré
Meritaten Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Metropolitan Museum of Art Tagging Vocabulary (en) Traducir >>>:Tutankhamun
Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 9 (en) Traducir, (p.230) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1142430

Nebjeperura Tutankhamon,[1] máis coñecido como Tutankhamon, Tutankhamón, Tutankamon ou Tutankamón,[2] foi un faraón pertencente á dinastía XVIII de Exipto que reinou de c. 1336/1335 a.C. a 1327/1325 a.C..[3] O seu nome orixinal, Tut-ankh-Atón, significa «imaxe viva de Atón», mentres que Tut-ankh-Amón significa «imaxe viva de Amón». É posible que Tutankhamon sexa o rei Nibhurrereya das cartas de Amarna, e probablemente o monarca denominado Ratotis, Intres ou Atoris, que reinou nove anos, segundo os posteriores epítomes da obra de Manetón.[4]

Tutankhamon non foi un faraón notable nin coñecido en épocas antigas; o tamaño relativamente pequeno da súa tumba (KV62) foi a razón de que non fose descuberta ata o século XX.[5] Howard Carter atopouna intacta en 1922. O seu descubrimento e os tesouros atopados nela tiveron cobertura mundial na prensa e renovaron o interese do público polo Antigo Exipto, converténdose a máscara funeraria do faraón na imaxe máis popular.

Aínda que formalmente defínese que a dinastía XVIII finaliza co reinado de Horemheb, pódese afirmar cun alto grao de certeza que o mozo Tutankhamon foi o último faraón de sangue real da dinastía. Ascendeu ao trono despois do período de Amarna e devolveu aos sacerdotes de Amón a influencia e o poder que posuíran antes da revolución relixiosa e política de Akhenatón. Durante o seu curto reinado estivo en mans de Ay e Horemheb, que se repartiron o poder: Ay administrou Exipto e Horemheb manexou o exército.

O seu reinado caracterizouse por un retorno á normalidade no plano socio-relixioso despois do interludio protagonizado por Akhenatón. Devandito retorno foi paulatino, restaurando o culto nos templos abandonados de deuses como Amón, Osiris ou Ptah, e permitindo a celebración dos ritos pertinentes.

No plano artístico, os canons inaugurados baixo o escudo de Amarna seguirían fluíndo ata fundirse cos patróns tradicionais da arte exipcia. Nas imaxes oficiais, a imaxe do novo rei sería salientada constantemente xunto á súa Grande Esposa Real conxugando a herdanza visual de Amarna (as imaxes de intimidade familiar da parella real visibles en tronos, cadeiras, cofres etc., atopados na tumba real) coa mensaxe política oficial de continuidade da dinastía, claramente visible pola profusión de imaxes de Ankhesenamon.

O achado da súa tumba, case intacta, supuxo unha achega fundamental para a comprensión da historia e cultura exipcia. Posibilitou sacar á luz unha cantidade apreciable de xoias, mobles, armas e variados utensilios, achegando unha información fundamental que permitiu ampliar o coñecemento da civilización exipcia.

  1. Nebjeperura Tutankhamon é a transcrición ao galego dos xeroglíficos dos nomes de trono e nacemento do faraón, segundo as convencións académicas.
  2. En galego a transcrición máis achegada á pronuncia orixinal de consoante aspirada é kh, aínda que a máis habitual é simplemente k. Do mesmo xeito, a tónica tamén vacila e unhas veces pronúnciase aguda e outras esdrúxula. A palabra orixinal de onde deriva a terminación, a do deus Amón, é moito máis frecuentemente aguda.
    Noutras ocasións úsase en galego copiado doutros idiomas, como Tutankhamun (do inglés), Tutankhamon (do francés) ou Tutanchamun (do alemán). Outras grafías do seu nome: Bibhurria, Heqaiunushema, Kanakhtutmesut, Kheperunebre, Nebkheperure, Nebkheprura, Nebkheprure, Nibkhururia, Pifururiya, Touatankhamanou, Tutankhaton, Tutankhuaten, Tutenchamun, Uerakhamon, Utkheskhauitefre.
  3. Cronoloxía segundo von Beckerath, Grimal, Shaw, e Málek.
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Manetón
  5. Carter, Howard (1995). Ed. Destino, ed. La tumba de Tutankhamon. ISBN 84-233-2538-5. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in