Ubiquitina

Ubiquitina
Diagrama da ubiquitina. As sete cadeas laterais da lisina móstranse en amarelo.
Identificadores
Símboloubiquitina
PfamPF00240
InterProIPR000626
PROSITEPDOC00271
SCOPe1aar / SUPFAM

A ubiquitina é unha pequena proteína presente nas células eucariotas. A súa principal función é marcar outras proteínas para a súa destrución proteolítica. Para este marcado varias moléculas de ubiquitina únense á proteína a eliminar e despois esta chega ao proteasoma, unha estrutura con forma de barril onde se leva a cabo o proceso da proteólise. A ubiquitina pode marcar mesmo proteínas da membrana da célula, por exemplo receptores, para que sexan eliminadas da membrana. A ubiquitina (chamada primeiramente ubiquitous immunopoietic polypeptide) foi identificada en 1975 como unha proteína de función descoñecida que se expresaba en todas as células eucariotas (era ubicua). Ata a década de 1980 non se descubriron a súa función e as vías da ubiquitinación grazas aos traballos levados a cabo no Fox Chase Cancer Center por Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose, que acabarían por recibir o premio Nobel de Química de 2004 por estes traballos.[1][1][2]

  1. 1,0 1,1 "The Nobel Prize in Chemistry 2004". Nobelprize.org. Consultado o 2010-10-16. 
  2. "The Nobel Prize in Chemistry 2004: Popular Information". Nobelprize.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2010. Consultado o 2010-10-16. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in