Unidade de medida

Copia exacta, feita en 1884, do quilogramo prototipo internacional rexistrada na Oficina Internacional de Pesas e Medidas, en Sèvres, Francia, que define a unidde de masa no SI, o sistema métrico moderno.

Unha unidade de medida é unha cantidade estandarizada dunha determinada magnitude física, definida e adoptada por convención ou por lei.[1] Calquera valor dunha cantidade física pode expresarse como un múltiplo da unidade de medida.

Unha unidade de medida toma o seu valor a partir dun patrón ou dunha composición doutras unidades definidas previamente. As primeiras unidades coñécense como unidades básicas ou de base (fundamentais), mentres que as segundas chámanse unidades derivadas.[2]

Un conxunto de unidades de medida no que ningunha magnitude teña máis dunha unidade asociada é denominado sistema de unidades.[3]

Todas as unidades denotan cantidades escalares. No caso das magnitudes vectoriais, interprétase que cada un dos compoñentes está expresado na unidade indicada.[1]

  1. 1,0 1,1 JCGM (2008), «Unit of measurement (unité de mesure)», p. 6.
  2. JCGM (2008), «Base unit - Derived unit (Unité de base - Unité dérivée)», p. 7
  3. JCGM (2008), «System of units (Système d'unités)», p. 8.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy