Universidade Columbia

Universidade Columbia
Datos xerais
LocalizaciónNova York, Estado de Nova York
Fundación1754
Datos actuais
ReitorLee Bollinger
Alumnos6 923 non graduados; 15 731 graduados e estudantes profesionais
Datos de contacto
Páxina webhttp://www.columbia.edu
Facebook: columbia Twitter: Columbia Instagram: columbia Youtube: UChzhFUxUZFAQSJZ_Tp4B1fA BNE: XX113061 Dialnet: 4066661 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Columbia é unha universidade privada situada na cidade de Nova York, Estados Unidos de América.

Columbia é unha das oito universidades da Ivy League, sendo as outras Harvard, Princeton, Yale, Pensilvania, Cornell, Dartmouth, e Brown. A escola foi fundada no ano 1754 como King's College (Colexio do Rei). Cando Estados Unidos se declarou independente da Gran Bretaña, a universidade tamén fixo o mesmo. O seu nome mudou a Columbia porque neses anos aquel termo representaba aspiracións patrióticas.

Inicialmente, a universidade foi fundada case no final da illa de Manhattan, na terra da igrexa Trinity Church. No seguinte século mudaría máis ao norte da illa, onde agora se encontra Rockefeller Center, e no ano 1896 mudou unha última vez, desta vez ao barrio de Morningside Heights. Neses anos Morningside Heights era maiormente terra facendeira.

O seu equipo deportivo son os Columbia Lions e a súa mascota o león real.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy