Universidade Stanford | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Estados Unidos |
Fundación | 1 de outubro de 1890 (134 anos) |
Datos actuais | |
Alumnos | 15 877 pregrao: 6980 posgrao:8897 |
Datos de contacto | |
Enderezo | 450 Serra Mall, Stanford, Palo Alto, California |
Páxina web | http://www.stanford.edu |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Leland Stanford Júnior (oficialmente en inglés Leland Stanford Junior University,[1] coloquialmente the Farm), coñecida como Universidade Stanford, é unha universidade de investigación privada situada en Palo Alto, California (Estados Unidos).
Está localizada a uns 56 km ao sueste de San Francisco, en terreos do condado de Santa Clara contiguos a Palo Alto. A universidade áchase por tanto no corazón xeográfico e histórico de Silicon Valley.