Universidade Yale Yale University | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | New Haven, Connecticut |
Fundación | 1701, (323 anos) |
Datos actuais | |
Alumnos | 12 223 pregrao: 5414 posgrao: 6809 |
Datos de contacto | |
Enderezo | 221 Whitney Avenue, |
Páxina web | http://www.yale.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Yale (en inglés Yale University) é unha universidade privada localizada en New Haven, Connecticut (Estados Unidos). Fundada en 1701, é a terceira institución de ensino superior máis antiga nos Estados Unidose un dos nove Colleges coloniais recoñecidos cunha Carta Real do monarca británico antes da Revolución das Trece Colonias.[1]
O clero fundou unha Escola Colexiada autorizada pola Provincia de Connecticut para educar sacerdotes da Igrexa congregacional. Esta escola trasladouse a New Haven en 1716 e foi renombrada Yale College en recoñecemento a unha doazón realizada por Elihu Yale, gobernador da Compañía Británica das Indias Orientais. Restrinxido en orixe á teoloxía e as linguas sacras, o currículo da institución comezou a incorporar humanidades e ciencias na época da Revolución colonial. No século XIX, a escola introduciu formación para graduados e profesionais, e en 1861 concedeu o primeiro Philosophiæ doutor (Ph.D.) nos Estados Unidos e organizouse como universidade en 1887.[2] O seu número de profesores e estudantes creceu despois de 1890 coa rápida expansión do seu campus e da investigación científica.
Conta co segundo sistema bibliotecario universitario máis grande, e forma parte da Ivy League. Yale é especialmente famosa pola súa Facultade de Dereito.
O nome da universidade rende homenaxe a Elihu Yale, un dos seus primeiros benefactores.
Destaca por ser unha das institucións educativas privadas máis recoñecidas dos Estados Unidos e do mundo.