Universitat d'Alacant Universidad de Alacant | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Alacant |
Fundación | 1979 |
Datos actuais | |
Reitor | Amparo Navarro Faure |
Alumnos | 32.000 (curso 2021-2022) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Estrada de Sant Vicenç del Raspeig, s/n 03690 Sant Vicent del Raspeig (Alacant) |
Páxina web | http://www.ua.es/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Alacant (UA, en valenciano: Universitat d'Alacant, en castelán: Universidad de Alicante) é unha universidade pública española con sede en Sant Vicent del Raspeig, na provincia de Alacant. Creouse en 1979 sobre a estrutura do Centro de Estudios Universitarios (CEU) fundado en 1968, e como herdeira da Universidade de Orihuela de 1569.
Ten máis de cincuenta titulacións, máis de setenta departamentos universitarios e unidades e grupos de investigación en áreas de ciencias sociais e xurídicas, experimentais, tecnolóxicas, humanidades, educación e ciencias da saúde, ademais de cinco institutos universitarios de investigación.