Universidade de Leipzig

Universidade de Leipzig
Universität Leipzig
Entre 1953 e 1991, a universidade foi chamada Universidade Karl Marx
Biblioteca Albertina
Datos xerais
LocalizaciónLeipzig
Fundación2 de decembro de 1409
Datos actuais
ReitorEva Inés Obergfell
Alumnos31 022
Datos de contacto
Páxina webPáxina web oficial
Facebook: unileipzig Twitter: unileipzig Instagram: unileipzig LinkedIn: university-of-leipzig Youtube: UCJVzIzmYjsjqOVK3e_ZbBxQ Dialnet: 2433237 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Logo

A Universidade de Leipzig (alemán: Universität Leipzig), localizada en Leipzig no Estado Libre de Saxonia, é a segunda máis antiga de Alemaña.

Foi fundada o 2 de decembro de 1409 por Frederico I, Elector de Saxonia e seu irmán Guillerme II, margrave de Meißen.

Na súa orixe estaba formada por catro facultades e, en 2021, albergaba catorce facultades e arredor de 31.000 estudantes.[1]

Esta Universidade cumpriu máis de 600 anos ininterrompidos dedicada á docencia e á investigación.[2]

Actualmente conta cun Centro de Estudos Galegos, un dos catro existentes en Alemaña.[3]

  1. Jahresbericht, 2021
  2. Universidade de Leipzig (ed.). "Dies academicus 2020" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2021. Consultado o 22 de xuño de 2022. 
  3. "CEGs en Alemaña". REDE DE CENTROS DE ESTUDOS GALEGOS en Alemaña. Consultado o 10/10/2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in