Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Datos xerais
LocalizaciónSantiago de Compostela
Datos actuais
ReitorAntonio López Díaz
Alumnos28.138 (Curso 2011-2012)[1]
Datos de contacto
EnderezoColexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782. Santiago de Compostela
Páxina webwww.usc.gal
Facebook: UniversidadeUSC Twitter: UniversidadeUSC Instagram: universidade_usc Youtube: UCnHP-7XEnu4bm7ADxmRKK9A BNE: XX141593 Dialnet: 3110387 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza.[2] Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia.[3]

En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores.[4]

Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703[5] a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo).[1]

En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López.

  1. 1,0 1,1 Nº de estudantes matriculados na USC no curso 2011-12 a data 21/03/2012 Arquivado 21/10/2012, en Wayback Machine. (Datos da propia USC)
  2. Precedencia de las universidades españolas Arquivado 23 de novembro de 2012 en Wayback Machine. en protocolo.org (en castelán)
  3. Fundación de las universidades españolas actuales na web da Universidade de Sevilla. (en castelán)
  4. Relación de Centros da USC
  5. Datos provisionais a 21/03/2012

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy