Universidade de Uppsala | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Uppsala, Suecia |
Fundación | 1447 |
Datos actuais | |
Orzamento | 670 millóns de euros |
Datos de contacto | |
Páxina web | https://www.uu.se/en/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Uppsala (en sueco: Uppsala universitet) é unha universidade situada na cidade de Uppsala, Suecia, e é a universidade máis antiga de Escandinavia, sendo fundada en 1477. Está constantemente clasificada entre as mellores universidades do norte de Europa e, en xeral, considérase unha das institucións de educación superior máis prestixiosas do vello continente.[1]
A universidade acadou un papel destacado durante o desenvolvemento do Imperio Sueco a finais do século XVI, máis tarde obtivo certa estabilidade financeira grazas a unha gran doazón do rei Gustavo II a principios do século XVII. Uppsala, ademais, representa un sitio histórico importante para a cultura e identidade nacional sueca, e mesmo para a aparición da nación actual, xa sexa en termos de historiografía, literatura, política e música. Moitos aspectos da cultura académica do país orixináronse en Uppsala, como o birrete branco.[2]
A Universidade de Uppsala pertence ao Grupo de Universidades Europeas de Coímbra. Esta institución conta con 9 facultades distribuídas en tres "dominios disciplinares": o primeiro corresponde ás humanidades e ciencias sociais; o segundo ás áreas de medicina e farmacia; e, finalmente, o último abrangue os sectores da ciencia e da tecnoloxía. Ten uns 20000 estudantes a tempo completo e preto de 2000 estudantes de doutoramento. Por outra banda, conta cun persoal académico de 3600 profesores e investigadores, dun total de 5500 empregados.
O seu orzamento anual rolda os 4.300 millóns de coroas suecas de media, o que equivalería a aproximadamente un 670 millóns de euros, dos cales preto do 60% destínanse a estudos de grao e investigación.