Chámome Alejandro Tobar. Nacín en xullo de 1983 en Lugo. Alí vivín até a maioría de idade, e despois pasei por Madrid, Marsella, Copenhaguen e Santiago de Compostela, cidade esta última na que estou empadroado dende o verán de 2011. Traballo como tradutor literario para empresas de Galicia e de fóra. Así mesmo, son o responsable de Hugin e Munin, editorial que publica exclusivamente narrativa en tradución ao galego e que depende, en esencia, da súa base de subscritores.
Comecei a editar como usuario rexistrado na Wikipedia en galego o 7 de febreiro de 2009.