Utah Jazz

Utah Jazz
Utah Jazz logo
Utah Jazz logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Noroeste
Fundación 1974
Historia New Orleans Jazz (1974–1979)
Cores                     Azul, verde
G League Idaho Stampede
Retirados 11 (1, 4, 7, 9, 12, 14, 32, 35, 53, 1223, Micrófono)
Localización
Cidade Utah Salt Lake City, Utah
Pavillón Vivint Smart Home Arena
Capacidade 19.911 espectadores
Inauguración 4 de outubro de 1991
Persoal
Propietario(s) Ryan Smith
Presidente Jim Olson
Director Justin Zanik
Adestrador Quin Snyder
Títulos
Campión 0
Conferencia 2 (1997, 1998)
División 10 (1984, 1989, 1992, 1997, 1998, 2000, 2007, 2008, 2017, 2021)
utahjazz.com

Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical. Antes de mudarse a Salt Lake City en 1979, xogaron como os New Orleans Jazz cinco tempadas.

Os Jazz foron un dos equipos con menos éxito da liga nos seus primeiros anos, non conseguindo clasificarse nos playoffs até dez anos despois da súa fundación (1984). Con todo, dende ese ano non faltaron á cita até a tempada 2004. A partir de finais dos anos oitenta, John Stockton e Karl Malone convertéronse nos xogadores franquía do equipo, formando un dos mellores dúos da historia da NBA. Dirixidos polo adestrador Jerry Sloan foron un dos equipos máis importantes dos anos noventa, chegando ás finais de 1997 e 1998 onde perderon fronte os Chicago Bulls de Michael Jordan.

Trala marcha de Stockton e Malone en 2003, os Jazz non se clasificaron na fase final durante tres anos, até a chegada do base Deron Williams que liderou ao equipo até a tempada 2010-11. Despois desa campaña retirouse o adestrador Jerry Sloan e os Jazz comezaron unha profunda reestruturación, incluída a marcha do equipo de Williams. En ano 2012, os Jazz son o único equipo das catro grandes ligas deportivas norteamericanas (MLB, NFL, NBA e NHL) con sede no estado da colmea.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy